Skip to main content
entroido

Bases do Concurso de Entroido 2026 no Concello de O Pino

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do concurso para o Entroido do Concello do Pino que se celebrará no ano 2026, e que con esta convocatoria se pretende fomentar a conservación e o mantemento das tradicións populares, así como fomentar e impulsar as actividades culturais, artísticas, turísticas e comerciais en xeral, establecendo, así mesmo, premios que poidan servir como estímulo individual para todos cantos estean interesados en participar na actividade que, a tal fin, se programe.

Poderán ser beneficiarios dos premios previstos nestas bases todas as persoas, así como as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins sinalados como obxecto de premio.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 27 de febreiro de 2026.

Para máisn información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/23/2026_0000000319.html

 

Comments