Skip to main content
entroido

O Concello de Cospeito convoca o Concurso de Disfraces do Entroido 2026

O Concello de Cospeito vén de publicar a convocatoria do Concurso de Disfraces do Entroido 2026, que se celebrará o 13 de febreiro, cun festival infantil e outro para persoas adultas, e que repartirá premios económicos nas diferentes categorías.

A convocatoria figura na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) co identificador 882726, e réxese polo sistema de concorrencia competitiva.

Datos principais da convocatoria

  • Data de celebración: 13 de febreiro de 2026

  • Lugar: Festa do Entroido do Concello de Cospeito

Modalidades do concurso

  • Festival infantil

    • Hora: a partir das 17:30 h

    • Participantes: nenos e nenas de ata 16 anos

    • Categorías: individual, parellas e grupos/comparsas

    • Poderá participar un máximo de 1 adulto por comparsa, agás casos excepcionais

  • Festival de adultos

    • Hora: a partir das 23:00 h

    • Participantes: persoas maiores de 14 anos

    • Categorías: individual, parella e grupos/comparsas

Inscricións

  • Infantil: 16:30 h

  • Adultos: 22:00 h

  • A inscrición realizarase entregando a folla correspondente ao xurado antes do inicio do concurso.

Premios

  • Categoría individual

    • 1º premio: 120 €

    • 2º premio: 90 €

    • 3º premio: 70 €

  • Categoría parellas

    • 1º premio: 150 €

    • 2º premio: 120 €

    • 3º premio: 100 €

  • Grupos e comparsas

    • 1º premio: 400 €

    • 2º premio: 300 €

    • 3º premio: 150 €

    • Premio especial do xurado: 150 €

Bases reguladoras

As bases completas poden consultarse no BOP de Lugo 

Comments