A Xunta publica a convocatoria de axudas de apoio á etapa PREDOUTORAL para o exercicio 2026 co obxectivo de fomentar a formación de persoal investigador en Galicia
Que se publica:
• ORDE do 19 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases e se convoca o programa de axudas de apoio á etapa predoutoral.
Órganos convocantes:
• Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia xunto coas entidades do Sistema galego de I+D+i.
Obxecto da convocatoria:
• Conceder axudas para apoiar a etapa predoutoral en universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia, organismos públicos de investigación galegos, fundacións públicas de investigación sanitaria e centros do CSIC radicados en Galicia.
Finalidade:
• Promover a formación de persoal investigador, favorecer a adquisición de competencias e habilidades de investigación e fortalecer o sistema de I+D+i galego.
Destinatarios:
• Entidades que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutorandos/as dentro de programas oficiais de doutoramento.
Número e duración das axudas:
• Ata 102 axudas: 90 para universidades do SUG e 12 para outras entidades de investigación.
• Duración das axudas: ata 4 anos, con posibilidade de estadía no estranxeiro para mención internacional.
Criterios e requisitos:
• Persoas candidatas con requisitos académicos e de matrícula en doutoramento.
• Presentación de solicitudes de forma electrónica a través da sede da Xunta no prazo dun mes dende a publicación no DOG.
Importes e coberturas:
• Financiación de contratos predoutorais con complementos para matrícula, seguros, estadías no estranxeiro e indemnizacións de fin de contrato.
Prazo de solicitude:
• 1 mes desde o día seguinte á publicación no DOG.




Comments