Skip to main content
bolsas

Bolsas Fundación Ramón Areces

A Fundación Ramón Areces, a través destas bolsas, financia axudas económicas a estudantes para a realización de estudos de posgrao en universidades e centros de investigación de prestixio no estranxeiro durante o curso 2026/27.

💥 Bolsas para a ampliación de estudos no estranxeiro en Ciencias Sociais. Economía en áreas de: Análise Económica, Distribución Comercial, Economía Aplicada, Economía da Empresa, Historia Económica e Dereito da Unión Europea.
💥 Bolsas para a ampliación de estudos no estranxeiro en Humanidades: Filoloxía Hispánica; Filosofía; Xeografía; Historia, Historia da Arte; Humanidades Dixitais; Literatura Española e Relacións Internacionais.
💥 Bolsas para a ampliación de estudos posdoutorais no estranxeiro en Ciencias da Vida e da Materia: Biomedicina, Física e Matemáticas, Preservación da Biosfera e Química.

🔶 Requisitos xerais:

  • Estar en posesión dun título de Licenciado, Grao ou Máster universitario que dea acceso aos estudos solicitados ou estar cursando o último ano.

  • Excelente coñecemento do idioma no que se desenvolverán os estudos ou a investigación.

  • Acreditar a admisión no centro ou programa de estudos para os que se solicita a bolsa.

📩 Solicitudes:
a través da páxina web da Fundación
👉 https://fundacionareces.es

📅 Prazo de solicitudes:
ata o 23/02/2026

Requisitos específicos, documentación a achegar, etc.
www.fundacionareces.es

Comments