Convocatoria Concello de Sober (Entroido 2026)
O Concello de Sober convoca o Desfile de Entroido e o Concurso de Disfraces (modalidade infantil) para o sábado 14 de febreiro de 2026, repartidos entre a Praza do Concello e o Pavillón do CEIP.
Requisitos
-
Desfile (17:00h): Aberto a Comparsas (mínimo 10 compoñentes), Grupos (3 a 9) e Individual/Parellas. Os participantes deben levar o número de identificación recollido trala inscrición.
-
Concurso Infantil (19:30h): Categorías de Grupos, Parellas e Individual. Non poderán participar os mesmos disfraces que no desfile de comparsas.
-
A inscrición implica a autorización para a difusión de imaxes da actividade.
Prazos
-
O último día para inscribirse será o 12 de febreiro de 2026 ás 14:00 horas.
Solicitudes
-
Presencial: No Departamento de Cultura do Centro Sociocultural de Sober (de 10:00h a 14:00h).
-
Telemática: A través da sede electrónica mediante modelo de instancia xeral.
-
Documentación: Impreso de solicitude, fotocopia do DNI/CIF e certificado de titularidade da conta bancaria do representante.
Máis información
-
Publicación oficial: Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP px 29).
-
Novidades e posibles cambios: Redes sociais do Concello de Sober




Comments