Axudas para emerxencia social Concelllo de Oroso
De conformidade co disposto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, é obxecto destas bases a regulación das axudas municipais para paliar situacións de emerxencia social de persoas ou familias residentes no concello de Oroso.
Entendese por axudas de emerxencia social ao conxunto de axudas e prestacións económicas destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións de emerxencia social e previr situacións de exclusión social.
A finalidade destas axudas é dar resposta a situacións puntuais de necesidade xeradas por unha emerxencia individual e/ou familiar. Sempre e cando exista unha carencia de medios económicos para satisfacer a necesidade e factores de risco social.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas ou unidades familiares de convivencia residentes no municipio de Oroso, que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco social e precisen dunha axuda para satisfacer a súas necesidades básicas sempre como un apoio á intervención social.
Entendese como unidade familiar ó núcleo de convivencia de 2 ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou outra forma de relación análoga á conxugal, adoptiva ou de consanguinidade ata o terceiro grao e de afinidade ata o segundo.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano.
Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/28/2026_0000000412.html




Comments