Skip to main content
tarjeta prepago

AXUDA PARA O REPARTO E A PRESTACIÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE DO CONCELLO DE OROSO

É obxecto destas bases a regulación das axudas municipais para persoas ou familias mais desfavorecidas residentes no concello de Oroso para que poidan adquirir produtos de primeira necesidade nos comercios daquelas empresas adheridas ao programa, mediante a entrega dunha tarxeta (tipo prepago).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas ou unidades familiares de convivencia residentes no municipio de Oroso, que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco social e precisen dunha axuda para satisfacer a súas necesidades de produtos de primeira necesidade, e cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/28/2026_0000000413.html

Comments