Skip to main content
entroido

Concurso-desfile de comparsas de Entroido 2026 no Carballiño

O Concello do Carballiño convoca o seu tradicional concurso de comparsas para o martes de Entroido, co obxectivo de fomentar a participación cidadá e dinamizar as festas populares.

Requisitos:

  • Aberto a todo tipo de colectivos: asociacións xuvenís, culturais, veciñais, grupos, bandas xuvenís, colexios, etc.

  • As comparsas deben cumprir coas normas de participación e desfile establecidas nas bases.

Premios:

  • Establécense 8 premios principais que van dende os 1.300 € ata os 200 €.

  • 12 accésits de 120 € para as comparsas non premiadas.

  • Premio especial de 300 € á mellor comparsa (votada polos participantes).

  • Incremento de 250 € para as 5 primeiras gañadoras se participan na Festa da Cachucha (22 de febreiro).

Solicitudes e prazos:

  • O prazo de inscrición remata o 13 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas.

  • A presentación pode facerse de xeito telemático a través da Sede Electrónica do Concello ou presencialmente no rexistro municipal (de 09:00 a 14:00 h).

Máis información:

Comments