Subvencións para actividades culturais, deportivas e infraestruturas no Concello de A Capela
O Concello da Capela a través da presente convocatoria tenta apoiar ás entidades e asociacións que traballan no eido cultural e deportivo ou de calquera outro tipo na realización de actividades e mantemento de infraestruturas e equipamentos aos efectos de contribuír a que acaden os obxectivos para os que foron creadas e fomentar a participación da veciñanza contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.
Poderán optar ás subvencións da presente convocatoria as entidades que cumpran os requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes comenzará ó día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o día 31 de marzo de 2026.
Para máis información, consultar a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/29/2026_0000000442.html




Comments