Convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/za de paz substituto/a en Trabada (Lugo)
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anunciar a convocatoria pública para a cobertura da praza de xuíz ou xuíza de paz substituto/a no concello de Trabada (Lugo).
🔹 Prazo de presentación
-
15 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia.
🔹 Documentación requirida
As persoas aspirantes deberán presentar a seguinte documentación:
-
Certificado de nacemento ou fotocopia do DNI.
-
Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes.
-
O solicitante poderá autorizar a consulta destes datos polo Tribunal, segundo o artigo 28 da Lei 39/2015, agás manifestación expresa en contra.
-
-
Declaración complementaria conforme ao artigo 2.1 da Lei 68/1980, acreditando non estar inculpado nin procesado.
-
Xustificación dos méritos alegados.
-
Indicación da profesión actual.
🔹 Presentación de solicitudes
As solicitudes e documentación poderán presentarse:
-
Por correo electrónico: secretariagoberno.tsxg@xustiza.gal
-
Ou por calquera das vías previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.




Comments