Skip to main content
entroido

Dous concursos de comparsas no Concello de Camariñas

As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión dos premios do Concurso de Comparsas de Entroido A Ponte do Porto 2026 e Camariñas 2026 que se celebrarán o domingo 15 de febreiro de 2026.

Poderán participar no concurso as 9 primeiras comparsas que se inscriban no Rexistro municipal.

O prazo de solicitude de participación comeza a partir das 9:00 do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial da Provincia e remata o 13 de febreiro de 2026 ás 15:00h.

Para máis información, consulte as seguintes ligazóns, para o concurso 1:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/30/2026_0000000447.html e para o concurso 2:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/30/2026_0000000448.html

Comments