Mos abre o prazo de inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido 2026
O Concello destina 12.000 euros en premios para fomentar a participación de comparsas, grupos e colectivos nunha das festas máis tradicionais do municipio
Resumo da convocatoria
-
O Concello de Mos convoca as bases de participación no Desfile de Comparsas do Entroido 2026, co obxectivo de impulsar a participación cidadá e poñer en valor esta celebración de fonda tradición popular.
-
A iniciativa busca reforzar a animación do Entroido e consolidar as comparsas e murgas como eixo central da festa.
Dotación económica
-
Orzamento total: 12.000 euros.
-
Ata 9.900 € destinados a premios por participación segundo número de compoñentes.
-
2.100 € para premios especiais e mencións.
-
-
As compensacións estarán suxeitas ás retencións legais correspondentes.
Quen pode participar
-
Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro.
-
Terán prioridade as comparsas con domicilio social no Concello de Mos, sempre que se inscriban no prazo establecido.
Categorías do desfile
-
Grupos: de 20 a 30 compoñentes.
-
Comparsas, con dúas modalidades:
-
Infantil: ata 12 anos.
-
Adultos: a partir de 13 anos.
-
-
A categoría asignarase segundo a porcentaxe maioritaria de idade (mínimo do 60 %).
Premios
-
Premios por participación segundo número de compoñentes.
-
Premios especiais:
-
Mellor comparsa infantil: 500 €.
-
Mellor comparsa de adultos: 500 €.
-
Mellor carroza: 300 €.
-
Mellor vestiario: 300 €.
-
Mellor animación: 300 €.
-
-
Premio único ao mellor grupo: 200 €.
Datas e lugar
-
O desfile celebrarase o domingo 15 de febreiro de 2026.
-
Concentración ás 16:30 horas e inicio do desfile ás 17:00 horas.
-
Percorrido: desde o concesionario Renault ata as inmediacións da Discoteca Queen.
Prazo e forma de inscrición
-
Prazo: 10 días naturais desde o día seguinte á publicación das bases no BOPPO.
-
Inscrición a través da sede electrónica do Concello de Mos:
-
Cada comparsa deberá presentar unha única solicitude co modelo oficial.
Xurado e criterios de valoración
-
O xurado estará composto por profesionais do ámbito do espectáculo, deseño, moda, baile, animación, maquillaxe e perruquería.
-
Valorarase especialmente:
-
Orixinalidade.
-
Vestiario.
-
Coreografías.
-
Creatividade.
-
Impacto visual e calidade artística.
-
-
O fallo será inapelable e farase público na web e redes sociais do Concello.




Comments