Skip to main content

Vilamarín convoca unha praza de monitor/a deportivo/a para o ximnasio municipal

O Concello de Vilamarín vén de publicar a convocatoria e as bases que rexerán a contratación por concurso dunha praza de monitor/a deportivo/a para o ximnasio municipal, en réxime laboral temporal e xornada parcial.

Datos principais da convocatoria:

  • Expediente: 35/2026

  • Número de prazas: 1

  • Posto: Monitor/a deportivo/a para o ximnasio municipal

  • Tipo de contrato: Laboral temporal

  • Xornada: Parcial, 3 horas ao día

  • Duración: 9 meses

  • Sistema de selección: Concurso

Presentación de solicitudes:

  • Prazo: 5 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP

  • Lugar:

    • Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín

      • Enderezo: Avda. Santiago Apóstol, nº 5, 32101 Vilamarín

      • Horario: de 09.00 a 14.00 horas

    • Ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Bases da convocatoria:
O texto íntegro das bases está dispoñible no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica:
👉 vilamarin.sedelectronica.es

Comments