Skip to main content
material escolar

Becas de libros e material didáctico para centros públicos no Concello de Arteixo

Constitúe o obxecto destas bases a fixación dun procedemento para a concesión de axudas económicas para a adquisición de libros e material didáctico para o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil dos centros educativos sostidos con fondos públicos e que estean empadroados e residan durante o curso escolar no Concello de Arteixo.

As persoas obxectivo son as familias empadroadas no Concello de Arteixo con anterioridade á apertura de prazo da convocatoria anual, con meno­res de idade ao seu cargo escolarizados en centros sostidos con fondos públicos no nivel de ensino infantil.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días a partir da publicación da convocatoria no BOP.

Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/09/2026_0000000639.html

Comments