Bolsa de emprego no Concello de Cerceda
O obxeto da presente convocatoria é a elaboración dunha bolsa de emprego da categoría peón (Grupo V), ós efectos de cubrir as necesidades que xurdan neste Concello tanto de servizos de limpeza de edificios municipais, limpeza viaria, albañilería, xardinería e similares.
Todas as persoas que non teñan xa unha praza en propiedade nesta administración poden presentarse.
As solicitudes para tomar parte no concurso-oposición, conforme ao modelo que figura como Anexo I das presentes bases, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Cerceda, e presentaranse no Rexistro xeral do Concello, en horario de oficina (de 9.00 a 14.00 horas), no prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/10/2026_0000000683.html




Comments