Skip to main content

Selección para a contratación dunha praza do SAF no Concello de Piñor

A Alcaldía, mediante a Resolución do 5 de febreiro do 2026, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar un/unha auxiliar para o servizo de axuda no fogar.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de 9 a 14 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no Concello e na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal).

Comments