Bolsa de emprego para técnicos de xestión no Concello de Cabanas
As presentes Bases teñen por obxecto a elaboración dunha listaxe para o chamamento de persoal funcionario interino do Grupo A, subgrupo A2, técnico de xestión para o Departamento de Secretaría Intervención do concello de Cabanas.
Para ser admitidas, as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos das bases referidos ao último día de prazo de presentación de instancias e mantelos até o momento de formalización do correspondente contrato de traballo.
O prazo de presentación de instancias será de 7 días hábiles contados a partir do día seguinte da data da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/27/2026_0000001133.html




Comments