Skip to main content

O Concello do Porriño convoca unha bolsa de emprego de técnicos/as de xestión, subgrupo A2, con carácter interino

O Concello do Porriño abre o proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de persoas que aspiren a ser nomeadas, con carácter interino, como técnicos/as de xestión, subgrupo A2, nos supostos previstos na normativa vixente.

As bases reguladoras desta convocatoria publicaranse no taboleiro da Sede Electrónica e no taboleiro físico de Edictos do Concello, así como na páxina web municipal www.oporrino.org, o día en que se publique este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOPPO.

Comments