Axudas para actividades culturais de entidades sen fins de lucro 2026
A Deputación de Pontevedra convoca subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de proxectos culturais, certames e intercambios que fomenten o patrimonio da provincia.
Requisitos
-
Ser unha entidade cultural sen fins de lucro.
-
Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
-
Estar ao corrente das obrigas tributarias (AEAT, ATRIGA e Seguridade Social) e coa Deputación.
-
Non ter pendente de xustificar axudas culturais do exercicio anterior.
-
Desenvolver actividades entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Solicitudes
As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra, utilizando o formulario normalizado e os sistemas de identificación admitidos (Cl@ve, DNIe ou certificado electrónico).
Máis información




Comments