Skip to main content
tic

Axudas da Cámara de Comercio, Industria e Navegación para planes de apoio de solucións TIC

O obxecto é promover a participación das pemes no Programa Peme Dixital, poñendo á súa disposición servizos de apoio e axudas económicas para implantar solucións TIC, subvencionadas nun 60% a través do Programa Plurirrexional de España FEDER.

Poderán presentarse as pemes, da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Santiago, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE.

O prazo para a presentación de solicitudes na referida Sede ábrese ás 09:00h, unha vez transcorridos 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación deste anuncio e ata as 14:00h do día 31 de maio de 2026, aínda que o prazo poderá acurtarse en caso de esgotarse o orzamento.

Para máis información, fai click aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/09/2026_0000001315.html

Comments