Axudas en especie para festas populares no Concello de Ames
Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de axudas en especie, consistentes en actuacións das agrupacións de música tradicional ou corais do Concello de Ames, ás asociacións culturais o veciñais, comisións de festas e outras entidades ou colectivos de Ames que organicen actividades orientadas á dinamización sociocultural municipal no exercicio 2026.
Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais o veciñais, comisións de festas e outras entidades ou colectivos de Ames, ou que organicen actividades orientadas á dinamización sociocultural municipal, e que cumpran os requisitos xerais da convocatoria.
Abriranse dous prazos para solicitar ditas actuacións:
1º prazo. Para as festas e eventos que se celebren nos meses de xaneiro ata agosto, deberán facer a solicitude dende o día seguinte ao da publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia ATA O 15 DE MAIO.
2º prazo. Para as festas e eventos que se celebren nos meses de setembro a decembro, deberán facer a solicitude ANTES DO 31 DE XULLO.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/11/2026_0000001412.html




Comments