Skip to main content
MULLERES

Axudas para asociacións de mulleres en Poio para o ano 2026

O Concello de Poio convoca subvencións destinadas a asociacións de mulleres para financiar programas que fomenten a igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia machista durante o exercicio 2026.

Requisitos

  • Ser unha asociación de mulleres sen fins de lucro ou asociación con área específica de igualdade.

  • Estar inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións de Poio.

  • Formar parte do Consello Municipal da Muller.

  • Participar nas campañas do 8 de marzo e do 25 de novembro convocadas polo Concello.

  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Prazos O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, contado a partir das 09:00 horas do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Solicitudes A tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Poio.

Máis información

 

Comments