Skip to main content
master

30 bolsas para o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA)

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Amancio Ortega convocan 30 bolsas para cursar o máster da Universidade da Coruña no curso 2026/27, cubrindo o importe total da matrícula.

Requisitos

  • Ser alumno/a do Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA) da UDC.

  • Para as 10 bolsas destinadas a estudantes latinoamericanos: acreditar a residencia habitual nun país de dito continente.

  • Cumprir cos requisitos académicos xerais establecidos nas bases e manter un aproveitamento satisfactorio durante o curso.

Prazos Establécense dous períodos para o envío de solicitudes:

  • Prazo anticipado: do 5 de febreiro ao 30 de abril de 2026.

  • Prazo ordinario: do 11 de xuño ao 13 de xullo de 2026.

Solicitudes As solicitudes e o formulario de inscrición deben tramitase a través da páxina web oficial do máster (mpxa.net).

Máis información

Comments