Skip to main content
literatura

Premio Otero Pedrayo Deputación da Coruña

O premio “Otero Pedrayo” ten por obxecto: perpetuar e honrar a memoria da persoa egrexia no campo das letras e do coñecemento, premiar un labor que constituía unha contribución eminente á cultura galega e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.

Poderán optar ao premio: as persoas naturais nacidas ou residentes en Galicia ou con cumprida raizame nela, os grupos de traballo radicados en Galicia ou constituídos para promover a cultura galega e as personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e polo mantemento da cultura galega.

O prazo para a presentación de candidaturas será de tres meses, a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/26/2026_0000001819.html

Comments