Bolsa de Limpeza de Praias no Concello de Muros
Ten por obxecto esta convocatoria a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2026, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba el Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
As persoas que cumpran os requisitos xerais e os específicos, que aparecen nas bases detalladas, poden inscribirse.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará aos 10 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación destas bases no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/07/2026_0000002034.html




Comments