Samos abre varias convocatorias de emprego temporal no marco do Programa de Reforzo do Emprego 2026
O Concello de Samos vén de publicar varias convocatorias para a selección de persoal temporal ao abeiro do Programa de Reforzo do Emprego 2026, incluído no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos.
🔹 Postos convocados:
- 1 limpador/a (12 meses)
- 1 condutor/a de tractor (6 meses)
- 2 peóns/ás de servizos múltiples (8 meses)
- 1 cociñeiro/a para vivendas comunitarias (12 meses)
🔹 Sistema de selección:
- Concurso-oposición.
🔹 Prazo de solicitude:
- 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP.
🔹 Finalidade:
- Reforzar servizos municipais esenciais e garantir a atención ás necesidades básicas da veciñanza mediante a contratación de persoal para tarefas de mantemento, servizos xerais e atención en equipamentos municipais.
As bases completas e os requisitos específicos de cada posto poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.




Comments