Skip to main content
promoción económica local

Subvencións a Asociacións de comerciantes no Concello de Arteixo

O obxecto destas bases é a concesión de axudas económicas ás asociacións de empresarios e comerciantes do municipio de Arteixo para impulsar accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica local.

As condicións para a inscrición poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de solicitudes será de 20 días naturais desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da BNDS, segundo o apartado 8 das Bases reguladoras.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/17/2026_0000002313.html

Comments