Praza de Tecnico de Emprego e desenvolvemento económico no Concello de Cabanas
Constitúe o obxecto das presentes Bases a regulación da convocatoria e do proceso selectivo para a ampliación da Bolsa de Emprego para posibles nomeamentos de persoal funcionario interino, da praza de Técnico/a de Emprego e Desenvolvemento Económico, Grupo A, Subgrupo A, encadradas na Escala de Administración Especial do Concello de Cabanas.
As condicións para inscribirse poden consultarse no enlace inferior.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cabanas (de luns a venres de 09:00 horas a 13:00 horas) durante o prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/17/2026_0000002297.html




Comments