Cinco prazas no Concello de Arzúa, catro peóns e un auxiliar administrativo de biblioteca
É obxecto da presente convocatoria a selección de persoal laboral temporal, baixo a modalidade contractual de contrato para mellora da ocupabilidade e a inserción laboral contrato vinculado a programa de activación para o emprego Texto Refundido Estatuto Traballadores en relación coa Disposición adicional novena da Lei 3/2023, de 28 de febreiro, de Empleo., polo sistema de concurso de méritos para peóns e concurso oposición para auxiliar biblioteca para a execución de diferentes obras e servizos mínimos municipais, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Arzúa pola Deputación Provincial da Coruña, BOP nª 38, de data 26 de febreiro de 2026, consonte ás bases do Programa de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, PEL CONCELLOS 2026, publicadas no BOP n.º 197 de 15/10/2025.
As condicións das cinco prazas para realizar a inscrición poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/22/2026_0000002420.html




Comments