NOVAS OPORTUNIDADES DE EMPREGO NO CONCELLO DE ALLARIZ
O Concello de Allariz convoca probas selectivas para a creación de tres novas bolsas de emprego destinadas a contratacións de carácter laboral temporal.
Postos ofertados:
-
Monitor/a - Socorrista: Constitución dunha bolsa para formalizar futuras contratacións de persoal laboral temporal.
-
Auxiliar de Axuda no Fogar (SAF): Proceso selectivo para integrar unha bolsa de traballo en réxime laboral temporal.
-
Peón/peoa da Área de Medio Ambiente: Selección para unha bolsa que inclúe postos de limpeza viaria, medio ambiente e recollida de residuos.
Detalles da convocatoria:
-
Publicación oficial: Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense, n.º 76, do 24 de abril de 2026.
-
Procedemento: Probas selectivas para a creación de bolsas de emprego.
-
Máis información: Podes consultar os detalles e descargar as bases completas na sede electrónica do Concello de Allariz ou a través dos arquivos PDF/EPUB publicados no BOP de hoxe.




Comments