Skip to main content

Praza de Xefe de Seguridade Cidadá no Concello de Arteixo

É obxecto da presente a aprobación da convocatoria e regulación das bases específicas para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefatura de seguridade cidadá do Concello de Arteixo, de conformidade ao contido da RPT en vixencia e segundo o establecido nos artigos 78 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e nos artigos 88 e seguintes da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, que contemplan a posibilidade de prover polo sistema de libre designación postos de traballo de especial responsabilidade ou cualificación profesional que se determinen na RPT e ao estipulado na Lei 4/2007, de 20 de abril, de Coordinación de Policías Locais de Galicia, dado que o referido posto implica o exercicio da xefatura do corpo da policía local do Concello de Arteixo.

As condicións para inscribirse aparecen nas bases específicas no enlace inferior.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/27/2026_0000002571.html

Comments