Skip to main content

Bolsa de emprego en Turismo no Concello de Ribeira

A presente convocatoria ten por obxecto regular a formación dunha bolsa de emprego no Concello de Ribeira coa finalidade de dotar ó mesmo dunha bolsa que permita atender presentes e futuras necesidades desta Administración local mediante a contratación laboral temporal de técnicos/as de turismos para a atención das oficinas municipais de información turística durante os meses do verán.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, horario de verán de 9:00 a 13:30 horas) durante o prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/28/2026_0000002600.html

Comments