Bolsa de emprego para Xefes de Praia no Concello de Ribeira
A presente convocatoria ten por obxecto regular a formación dunha bolsa de emprego no Concello de Ribeira coa finalidade de dotar ó mesmo dunha bolsa que permita atender presentes e futuras necesidades desta Administración local mediante a contratación laboral temporal de xefes/as de praia.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, horario de verán de 9:00 a 13:30 horas) durante o prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/28/2026_0000002603.html




Comments