Skip to main content

Dúas prazas de Técnico de administración xeral no Concello de Cambre

É obxecto da presente convocatoria a elaboración polo procedemento de oposición dunha relación de candidatos para nomeamentos de técnicos de xestión de Administración Xeral interinos encadrados na Escala de Administración Xeral, subescala de xestión, pertencente ao subgrupo “A2”.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello no prazo de sete (7) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria xunto coas súas bases no Boletín Oficial da provincia. Anuncio que será publicado igualmente, tamén xunto coas Bases desta convocatoria, na páxina web do Concello de Cambre: www.cambre.org, e nos taboleiros de anuncios municipais.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/29/2026_0000002618.html

Comments