Dúas prazas de Técnico de espazos verdes no Concello Da Coruña
As presentes bases teñen por obxecto a elaboración dunha listaxe para a cobertura temporal de prazas de Técnico/a de Espazos Verdes (Subgrupo A1), da escala de administración especial, como persoal funcionario interino, nos supostos regulados no art. 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (en diante TREBEP).
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/29/2026_0000002626.html




Comments