Skip to main content

Contratación laboral temporal dun/unha (1) socorrista para a piscina municipal de Rairiz de Veiga

Por Resolución da Alcaldía do Concello de Rairiz de Veiga, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha (1) socorrista para a piscina municipal, mediante o sistema de concurso de méritos.

O posto obxecto da convocatoria é o seguinte:

Denominación: Socorrista

Número de prazas: 1

Duración: 2 meses (xullo e agosto de 2026)

Xornada: Completa, de luns a domingo cos descansos establecidos na lexislación vixente

A contratación queda condicionada á efectiva concesión e financiamento da subvención convocada pola Orde do 13 de xaneiro de 2026 (procedemento PR460D).

As bases íntegras da convocatoria poderán consultarse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Rairiz de Veiga.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

BOP OURENSE

Comments