Skip to main content

Bases de selección para bolsa de emprego de chofer de tractor con rozadoira e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas

Foron aprobadas as bases de selección para bolsa de emprego de chofer de tractor con rozadoira e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas do Concello de Trasmiras e colaboración co persoal de obras e servizos municipais, por Resolución da Alcaldía do 16 de abril de 2026, publícase o resume da convocatoria para o coñecemento xeral e o chamamento ao concurso.

- Número e denominación dos postos:

1 chofer de tractor con rozadoira e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas do Concello de Trasmiras e colaboración co persoal de obras e servizos municipais.

- Requisitos esixidos: os recollidos nas bases desta convocatoria.

- Duración da bolsa de emprego: ata finais de 2027

- Modalidade de contratación: segundo as necesidades do servizo

- Sistema de selección: concurso

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal http://trasmiras.sedelectronica.gal

- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, contados desde o día seguinte o da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedrayo, nº 174, 32695 Trasmiras) en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, na sede electrónica do concello ou por calquera outro medio en dereito.

Comments