Skip to main content

Tres prazas de Peóns Forestais no Concello de Boqueixón

Convocatoria de selección para a provisión en réxime laboral temporal da contratación de tres (3) peóns/peoas forestais. Rural Activa Boqueixón 2026, subvencionado a través do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo da Xunta de Galicia (Código de procedemento TR351G).

As bases están a disposición no taboleiro de edictos do concello de Boqueixón, na páxina web municipal www.boqueixon.gal e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (https://sede.boqueixon.com).

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, dende o seguinte ao da publicación deste anuncio, o Concello de Boqueixón presentará unha oferta de emprego na oficina Pública de Emprego de Santiago Norte, solicitando persoas traballadoras para as devanditas prazas.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/04/2026_0000002680.html

Comments