Skip to main content

San Cristovo de Cea abre o proceso selectivo para o persoal docente e de apoio do Obradoiro Dual de Emprego “Vía da Prata V”

O Concello de San Cristovo de Cea aprobou as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación de persoal docente e de apoio do Obradoiro Dual de Emprego “Vía da Prata V”, promovido conxuntamente polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.

A convocatoria foi aprobada por resolución da alcaldía con data do 5 de maio de 2026.

As prazas convocadas corresponden a persoal laboral temporal cunha duración prevista de nove meses.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, así como en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As persoas interesadas poden consultar máis información e as bases específicas nos taboleiros de anuncios, páxinas web e sedes electrónicas dos concellos participantes:

  • Concello de San Cristovo de Cea
  • Concello de Piñor
  • Concello de Vilamarín

Comments