Skip to main content

Cinco prazas de Peóns forestais no Concello de Laxe

Convocatoria selección para a contratación de cinco peóns/peoas forestais ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo.

Mediante Resolución de Alcaldía aprobáronse as bases para a contratación laboral temporal de cinco peóns/as forestais para o obxecto: Xestión de biomasa e limpeza de montes no Concello de Laxe, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

As bases están a disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal e na páxina web municipal (www.concellodelaxe.com).

O Concello de Laxe presentará unha oferta de emprego para estes postos no Servizo Público de Emprego de Carballo, que será o encargado de xestionar e remitir unha listaxe de persoas candidatas.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/11/2026_0000002985.html

Comments