Skip to main content

O Concello de Maside crea unha bolsa de emprego para catro categorías profesionais

O Concello de Maside aprobou as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego destinada á cobertura temporal de diferentes postos municipais. O acordo foi aprobado mediante Decreto da Alcaldía con data do 5 de maio de 2026.

As prazas convocadas corresponden ás categorías de operario/a condutor/a, operario/a de servizos varios, limpador/a de instalacións municipais e auxiliar administrativo/a. O persoal seleccionado terá carácter laboral temporal e as contratacións realizaranse segundo as necesidades do servizo municipal.

O sistema de selección será o de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas, así como a través da sede electrónica municipal: Sede electrónica do Concello de Maside

As bases completas da convocatoria, os modelos de solicitude e a información complementaria poden consultarse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello.

Comments