Skip to main content

O Concello de Rairiz de Veiga convoca cinco prazas de peón/oa forestal durante nove meses

O Concello de Rairiz de Veiga aprobou as bases e a convocatoria dun proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal destinado á prevención de incendios forestais e á xestión da biomasa.

A convocatoria inclúe cinco prazas de peón/oa forestal, a xornada completa e cunha duración de nove meses. As contratacións realizaranse para a execución do servizo denominado “Actuacións integrais de prevención de incendios forestais e xestión da biomasa no Concello de Rairiz de Veiga”, ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo – TR351G correspondente ao exercicio 2026.

As bases completas da convocatoria estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal.

Comments