Skip to main content
natalidade

Axudas á natalidade no Concello de Boqueixón

O obxecto destas bases é regular a convocatoria pública por parte do Concello de Boqueixón para a tramitación e concesión de subvencións destinadas ao fomento da natalidade no Concello no ano 2026. Así mesmo a finalidade é a concesión de axudas a familias para sufragar parcialmente os custes derivados do nacemento e/ou acollemento ou adopción de nenos/as empadroados no Concello de Boqueixón.

Estas axudas poderán ser solicitadas polos pais/nais ou titores/as das nenas e nenos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026 e empadroados no concello de Boqueixón. As bases detalladas definen os dereitos e obrigas das familias que pwerciban as subvencións. Pódese acceder mediante o enlace inferior.

O prazo e forma de presentación de solicitudes está recollido no artigo 7 das bases da convocatoria.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/13/2026_0000002968.html

Comments