63 Prazas no Ministerio de Transporte
O Ministerio de Transportes convoca proceso selectivo para cubrir 63 prazas polo sistema xeral de acceso libre e 30 de promoción interna na Escala Superior de Especialistas en Transporte, Infraestruturas e Seguridade dos Organismos Autónomos e as Axencias Estatais do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
Das prazas convocadas por acceso libre, 53 prazas convócanse na especialidade Seguridade no Transporte Aéreo, código 6015B, e 10 prazas de acceso libre na especialidade Operacións e Navegación Aérea, código 6015C.
Do total das prazas convocadas polo sistema de acceso libre, reservaranse tres da especialidade Seguridade no Transporte Aéreo para ser cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas especialidades, ou ben Seguridade no Transporte Aéreo, ou ben Operacións e
Navegación Aérea.
Requisitos de titulación: As persoas aspirantes deberán estar en posesión ou en condicións de obter, á data de fin do prazo de presentación de solicitudes, o título de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao.
Prazo de presentación de solicitudes: do 14 de maio ao 10 de xuño de 2026.
Máis información: BOE 13/05/2026




Comments