Skip to main content

Seis prazas de Socorristas no Concello de Malpica de Bergantiños

É obxecto destas bases a regulación da convocatoria e do proceso selectivo para contratación laboral temporal de seis (6) socorristas, incluído un coordinador-socorrista, para a Unidade de Socorrismo Acuático que prestará o servizo na praia Area Maior e Canido do Concello de Malpica de Bergantiños.

Para tomar parte nas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos das bases detalladas que poden consultarse no enlace inferior, referidos todos e cada un deles á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello (Avd. Emilio González López, núm. 1, 15113- Malpica de Bergantiños), ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello de Malpica de Bergantiños (http://sede.malpicadebergantinos.es) ou por calquera das formas que prevé o Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de OITO (8) DÍAS NATURAIS, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/15/2026_0000003045.html

Comments