Tres prazas na brigada anti incendios: un xefe, un condutor e un peón no Concello de Outes
As presentes bases teñen por obxecto a creación dunha bolsa de emprego para os postos de xefe/a de brigada, peón/peoa condutor/a e peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios coa finalidade de realizar as tarefas de prevención e extinción de incendios.
As persoas aspirantes deberán reunir e acreditar o cumprimento dos requisitos que poden ser consultados nas bases en detalle no enlace inferior, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/15/2026_0000003040.html




Comments