Skip to main content
axudas camiones

Axudas para Cursos de condutor/a profesional

A Consellería de Presidencia ven de publicar as bases reguladoras que rexerán a concesión de dúas liñas de axudas en réxime de concorrencia non competitiva para cursos relacionados co exercicio da actividade de condutor/a profesional (código de procedemento IF310G), e apróbase a convocatoria para o ano 2026.

A convocatoria conta con dúas liñas de axuda:

Liña 1: subvencionará os cursos realizados coa cualificación de apto para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial, e/ou de ampliación ou promoción, dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Liña 2: subvencionará a obtención dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E.

O período subvencionable para ambas as liñas será do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026.


O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do  27 DE MAIO e rematará ás 20.00 horas do día 30 de setembro de 2026.

Máis información: DOG 18/05/2026
 

Comments