Prazas de investigación no CESGA
A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia convoca procesos selectivos para cubrir tres (3) prazas de persoal.
Dúas (2) prazas para o proxecto QATALYZE:
– 1 técnico/a de investigación posdoutoral en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia: QATALYZE-26-TINVPD1. NRP: 6090083.
– 1 técnico/a superior de investigación en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia: QATALYZE-26-TSINV1. NRP: 6090084.
Unha (1) praza para o proxecto EUROCC3:
– 1 técnico/a de investigación en proxecto HPC para a industria. Referencia: EUROCC3-26-TINV1. NRP: 6090085.
Contratos a xornada completa de actividades científico-técnicas, regulados polo artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, e polo Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.
Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 1 de xuño de 2026.
Máis información: CESGA




Comments