A Xuventude no Mundo 2026: Intercambio coa Prefectura de Wakayama
No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca un intercambio xuvenil á Prefectura de Wakayama (Xapón):
País: XAPÓN (Wakayama)
Entidade de acollida: Prefectura de Wakayama
Nº prazas: 15
Datas de realización: 5-10 setembro 2026
Os obxectivos deste programa son facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
Os destinatarios son os mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio (as persoas nacidas no ano 2008 deberán ter cumprido 18 anos ao inicio do intercambio e as persoas nacidas no ano 1995 non poderán cumprir 31 anos antes da finalización do intercambio).
Non poderán participar no intercambio os mozos e mozas que participaran noutro intercambio ao mesmo país no marco do programa “A Xuventude no mundo” nas últimas tres edicións realizadas (2023 e 2024 e 2025).
O prazo de inscrición será do 22 ao 29 de maio de 2026 (incluído), ou ata esgotar as prazas. O formulario estará dispoñible desde as 12:00 horas do 22 de maio.
A inscrición será mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Máis información aquí




Comments