Ames convoca unha praza fixa de arquitecto/a técnico/a e creará unha bolsa de emprego temporal
O Concello de Ames abriu o proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de arquitecto/a técnico/a como funcionario/a de carreira correspondente á Oferta de Emprego Público 2025.
A convocatoria inclúe tamén a creación dunha bolsa de traballo para futuras incorporacións temporais segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo.
Características da praza
- Denominación: arquitecto/a técnico/a.
- Réxime: funcionario/a de carreira.
- Grupo: A2.
- Escala: administración especial, subescala técnica.
- Sistema selectivo: oposición libre.
Requisitos das persoas aspirantes
As persoas candidatas deberán:
- Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos legais de acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos 16 anos.
- Estar en posesión do título de arquitecto/a técnico/a ou equivalente.
- Non estar inhabilitadas para o exercicio de funcións públicas.
- Acreditar o nivel CELGA 4 ou equivalente.
Tamén se prevén adaptacións para persoas con discapacidade que o soliciten durante o proceso.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames ou polos medios previstos na normativa administrativa.
Desenvolvemento das probas
O proceso selectivo constará de catro exercicios:
- Proba de coñecemento de galego para quen non acredite o CELGA 4.
- Exame tipo test de 100 preguntas.
- Desenvolvemento de preguntas curtas sobre o temario específico.
- Resolución de supostos prácticos relacionados co posto.
Todos os exercicios serán obrigatorios e eliminatorios, agás a proba de galego para quen xa a teña acreditada.
Bolsa de traballo
A convocatoria permitirá crear unha bolsa de emprego temporal para futuras necesidades de contratación no mesmo posto.




Comments